Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO EDITA UNHA REVISTA DIRIXIDA Á MOCIDADE DE NARÓN
Se distribuirá de xeito gratuito en centros de ensinanza e locais municipais, con periodicidade trimestral.
Narón, 13 de Abril de 2010.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o primeiro número da revista “Dameuntoke”, da que se teñen editado 1.000 exemplares. Esta publicación gratuita terá una periodicidade trimestral, e no segundo número preténdese ampliar a tirada ata os 1.500 exemplares, para chegar ó maior número posible de rapaces e rapazas de Narón. Esta revista se distribuirá entre os estudiantes de 3º e 4º curso de ESO (dos colexios Santiago Apóstol, Jorge Juan, Ayala, e O Feal) e os de bachiller e ciclos superiores de FP dos IES Terra de Trasancos e As Telleiras. En conxunto, o Concello repartirá 740 exemplares a estos mozos e mozas. O resto de revistas ata chegar ás 1.000 se distribuirán nos centros públicos municipais: o Pazo da Cultura, Casa da Mocidade, Escola de Música Moderna, clubes deportivos e locais sociais. Segundo apuntou a Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, esta publicación “ven a completar o proxecto iniciado o ano pasado coa páxina web dameuntoke, e a campaña de publicidade dirixida a desenvolver a comunicación entre o Concello e a mocidade de Narón, para dar a coñecer os recursos que teñen á súa disposición”, declarou. Así, a revista Dameuntoke (de 26 páxinas) ten un estilo e liña editorial similar ó da web de mocidade, e neste primeiro número ofrece información sobre unha asociación xuvenil de freeride; reportaxes sobre o novo clube de piragüismo, as escolas deportivas municipais, e a Escola de Música Moderna; unha entrevista á Concelleira de Mocidade, ademáis de incluir algunas novas relacionadas con esta delegación; e un reportaxe sobre as novas redes sociais de Internet.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es