Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO PEMENTO DO COUTO DIRIXIDA AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL
O edil de Promoción Económica, David Pita, avanzou que se trata dunha iniciativa dirixida a unha quincena de establecementos hostaleiros
Narón, 6 de xullo de 2022. O Concello impulsará unha nova campaña de promoción do pemento do Couto dirixida ao sector hostaleiro local. Así o anunciou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que avanzou que os establecementos interesados en adherirse poden facelo ata o vindeiro 10 de xullo. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico á dirección me.mendez@naron.es indicando o nome do establecemento, o nome e apelidos do seu responsable, o seu DNI e un teléfono de contacto. O edil naronés avanzou que a campaña se desenvolverá nun total de quince establecementos de hostalería da cidade entre o 18 e o 29 de xullo, ambos incluídos. As persoas que participen optarán ao sorteo de varios agasallos e o Concello será o encargado de entregar, de balde, aos establecementos o pemento co que realizar as tapas desta campaña, que servirán á clientela no período indicado coa receita que consideren oportuna en cada caso. “Queremos exaltar un ano máis a excelente calidade do pemento do Couto, un produto que conta dende hai anos con Indicación Xeográfica Protexida, que está na mellor tempada e cuxas características son de sobra coñecidas dentro e fóra de Narón”, asegurou Pita, que animou ao sector hostaleiro a sumarse a esta campaña.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal