Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CINE E A MÚSICA CENTRAN AS PROPOSTAS CULTURAIS ORGANIZADAS EN DIFERENTES ESPAZOS PÚBLICOS DA CIDADE PARA ESTA SEMANA
As prospostas diríxense a público familiar e infantil e todas elas son de balde, tal e como avanzou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 6 de xullo de 2022. A cidade acollerá estes días, a partir de mañá, varias propostas culturais enfocadas ao público familiar e infantil, todas elas de balde e que se desenvolverán en espazos públicos de varios barrios. A primeira das citas será mañá xoves, co inicio do ciclo “Cine de Verán”, con proxeccións de películas infantís a partir das 22.30 horas. Na praza da Gándara poderase ver mañá o filme “Trolls 2: Xira mundial”, e na xornada do venres 8 será o turno da rúa Francisco Pizarro, na Solaina, donde se proxectará “Trasto”. A música regresará de novo á cidade esta fin de semana da man do programa “Noites á fresca”. Unha tradicional cita cunha coidada posta en escena xunto á magnolia centenaria de Xuvia e que terá lugar o venres e o sábado, a partir das 22.30 horas. A primeira das xornadas será a cargo de Uxía & Sérgio Tannus, o venres 8, donde se poderá desfrutar da música galega e tamén dos ritmos brasileiros a cargo destes dous grandes artistas. O sábado 9 será o turno –á mesma hora- do quinteto zaragozano Tachenko, que presentará en Narón o seu último álbum, “Las discotecas de la tarde”. A maiores, o domingo 10 terá lugar a segunda das citas do programa municipal “Verde que te quero verde”, que continuará os días 17 e 24 de xullo. A segunda das propostas será o domingo 10 de xullo na Rúa 25 de xullo, no Alto, ás 12.30 horas. Nesta convocatoria presentarán tamén novo disco en Narón uns dos novos referentes da música de raíz, Caldo, cos seus enérxicos e divertidos directos. Estarán acompañados na parte infantil, de Pitusa Semifusa, o proxecto no que a música Olga Brañas fai que sexa moi divertido que as nenas e nenos aprendan conceptos e ritmos musicais e no que conta coa naronesa Andrea Picos como cantante.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal