Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO ACOLLE ATA O 29 DE XULLO A EXPOSICIÓN "RECORDOS DO MUNDO"
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que dende hoxe se poden ver nas instalacións catorce obras da artista naronesa Elena Macía
Narón, 11 de xullo de 2022. A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal acolle dende hoxe, e ata o vindeiro 29 de xullo, a mostra de pintura “Recordos do mundo”, con obras da artista naronesa Elena Macía Castro. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que que a exposición está composta de catorce pinturas, a maior parte acrílicos e coa paisaxe como temática predominante. Macía iniciouse no mundo da arte dun xeito autodidacta hai máis de trinta anos e durante a súa traxectoria impartiu clases de iniciación á pintura a nenas e nenos de familias vulnerables. Algunhas das súas obras formaron xa parte de mostras colectivas noutras instalacións municipais, como os centros cívicos sociais de Piñeiros e San Xiao e tamén no de San Vicente, en Meirás (Valdoviño) ou en espazos tanto públicos como privados de Mallorca. A exposición poderase ver os luns e mércores en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas, e de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas, tal e como apuntou a edil naronesa, que animou á veciñanza a acudir á mesma para coñecer o traballo da artista naronesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal