Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE OCIO E TEMPO LIBRE "CROIO"
Marián Ferreiro e Iván López rubricaron o acordo que permitirá desenvolver un campamento para mocidade nas instalacións do CPI do Feal
Narón, 11 de xullo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente da Asociación Deportiva de Ocio e Tempo Libre “Croio”, Iván López. A finalidade é o desenvolvemento do campamento “Plan Verán 2022”, que facilitará o acceso ás mozas e mozos de familias vulnerables da cidade. A iniciativa desenvolverase este mes, do 17 ao 30, e a colaboración do Concello permite, a través da súa intermediación co CPI do Feal que se leve a cabo nas citadas instalacións. Dende o goberno local realizáronse os trámites oportunos para que Croio obtivese o permiso do Consello Escolar do CPI do Feal e da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade para a realización no centro educativo desta iniciativa. En concreto, tal e como se especifica no acordo, farase uso das instalacións do pavillón, o comedor, o patio cuberto, a zona exterior e os aseos. O campamento organízase, tras dous anos cancelado pola pandemia da Covid-19, para ofrecer unha actividade de tempo libre convivencial e integradora, na que os menores realizarán unha gran variedade de actividades vencelladas co deporte, o medio ambiente, a vida saudable… Dende a asociación “Croio” agradeceron a colaboración do Concello para dar continuidade a unha actividade que xurdiu no ano 2019 e que tivo un gran éxito de acollida. Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, puxo en valor o traballo que realiza a asociación “Croio”, promovendo varias actividades dirixidas á xuventude e moi ligadas ao medio ambiente, a cultura e o deporte, entre outras áreas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal