Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA MANCOMUNIDADE
Un centenar de mulleres dos concellos de Narón, Ares, Cedeira, Cabanas, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño participan nas diferentes accións formativas
Narón, 12 de xullo de 2022. A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol desenvolve, desde novembro de 2021, un Programa Integrado de Emprego, que está financiado pola Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e ten unha dotación económica total de 250.000 euros, dos cales a Xunta achega 217.500 e o resto (32.500) a Mancomunidade. Neste programa participan os Concellos de Ares, Cedeira, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño e está dirixido a mulleres destes concellos e o seu obxectivo é mellorar a empregabilidade das usuarias a través de accións individuais (de información e orientación laboral) e grupais (diversos cursos e talleres). Entre os talleres (que supoñen un total de máis de 700 horas lectivas) inclúense os de Técnicas de busca de emprego (seis edicións), Habelencias sociais (catro edicións), Alfabetización informática (dúas edicións), Internet, redes sociais e dispositivos dixitais (tres edicións), Conversa de Inglés (dúas edicións), Fomento da capacidade emprendedora (oito edicións), Técnicas de coaching e intelixencia emocional (seis edicións), Técnicas de motivación para a busca de emprego (seis edicións) e Mobilidade laboral (tres edicións). Así mesmo, impártese outra formación, estruturada en seis itinerarios (cunha duración total en aula que supera as 700 horas): Preparación e venda de peixe, Limpeza industrial, Cociña, Comercio, Atención a persoas dependentes e Educación. Esta formación inclúe, ademais do traballo de aulas, a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas da contorna. A pasada semana remataron as prácticas as alumnas do itinerario de Peixaría, que se realizaron durante 150 horas en distintos supermercados de Gadis, Eroski – Vegalsa e Alimentación Anguieira. Esta semana comezaron as prácticas as alumnas do itinerario de Limpeza industrial, que se desenvolverán en distintas instalacións nas que actúa a empresa Serveo. Na actualidade, das 100 usuarias do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade, están traballando 37 persoas, polo que a valoración que fai o equipo técnico do Programa é “moi positiva”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal