Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA CLAUSURARÁ MAÑÁ NO PAZO A PRIMEIRA EDICIÓN DO CURSO DE VERÁN "ENERXÍAS RENOVABLES" DO CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL
Marián Ferreiro estará acompañada no acto de clausura pola vicerreitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla e a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Isabel Ares
Narón, 13 de xullo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, clausurará mañá no Pazo da Cultura a primeira edición do Curso de Verán “Enerxías Renovables”, promovido polo Campus Industrial de Ferrol. A rexedora local estará acompañada pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla e a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Isabel Ares. Así mesmo, na convocatoria, aberta ao público en xeral, estará presente o conferenciante e profesor da Universidade da Coruña Luis Montenegro, que será o encargado de impartir unha conferencia sobre “Enerxías renovables: situación actual e perspectivas de futuro”, a partir das 20.00 horas no Café Teatro do Pazo. A convocatoria está aberta ao público e pechará un ciclo iniciado o pasado 3 de xuño e que se desenvolveu nos concellos de Ferrol, Valdoviño, As Pontes, As Somozas e San Sadurniño, donde se convocaron ponencias con profesionais da UDC que abordaron o tema das enerxías renovables, co obxectivo tamén de achegar o campus industrial de Ferrol á súa contorna a través destas propostas. Unha vez remate a conferencia, sobre as 21.00 horas, terá lugar o acto oficial de clausura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal