Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SAN MATEO ACOLLERÁ O 31 DE XULLO A FESTA DE EXALTACIÓN DA AMEIXA
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou o evento xunto co secretario da Asociación Veciñal de San Mateo, José Manuel López
Narón, 22 de xullo de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e o secretario da Asociación Veciñal de San Mateo, José Manuel López, presentaron a Festa da exaltación da ameixa que se celebrará o 31 de xullo na citada parroquia. A cita gastronómica, na que se cociñarán uns 200 quilos de ameixa babosa, tal e como indicou Pita, comezará ás 13.00 horas baixo un toldo con mesas e cadeiras que se instalará na pista polideportiva de San Mateo. As persoas interesadas en asistir poderán comprar os tickets o mesmo día da degustación, nun espazo habilitado na zona para tal fin, a un prezo de 12 euros para o menú de ameixas, bebida e pan ou de seis euros para degustar paella, con bebida e pan incluído. A maiores, haberá a opción do menú completo, a base de ameixas, paella, bebida e pan, por 17 euros e por dous euros máis poderase tomar café e bola doce. Xa pola mañá, dende as 11.30 horas haberá nas instalacións da antiga unitaria de San Mateo unha exposición de traballos realizados durante o curso por veciñas e veciños da parroquia e tamén exposicións artesás de coiro, mimbre, alfarería… A programación da xornada completarase con música en vivo e inchables de balde para as nenas e nenos. O Concello organiza esta convocatoria, en colaboración coa Asociación Veciñal de San Mateo. Pita e López animaron ás veciñas e veciños de Narón e comarca a acudir a esta festa, que se recupera este ano para poñer en valor os produtos de proximidade e tamén a cultura local.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es