Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LOLES LEÓN, "EL BRUJO", "EL SEVILLA", SONDESEU E "EL REY LEÓN, DE SIMBA A KIARA", ENTRE AS PROPOSTAS CULTURAIS DO PAZO DA CULTURA PARA O ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO ANO
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, avanzou que as entradas para o público xeral estarán á venda dende o 29 de xullo
Narón, 23 de xullo de 2022. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que o vindeiro 29 deste mes se porán á venda ao público xeral as entradas para os novos espectáculos que se sucederán no último cuadrimestre deste ano no Pazo da Cultura. A programación, indicou, retomarase o 25 de setembro ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo, cunha peza de danza dirixida a público familiar e infantil, “Catro”, de Caramuxo Teatro. A segunda das compañías en actuar no Pazo en setembro será Contraproducións SL, que o venres 30 e o sábado 1 de outubro -20.30 e 20.00 horas respectivamente- representará a a obra “Cigarreiras”, cun texto de Emilia Pardo Bazán (“La Tribuna”) adaptado e dirixido por Cándido Pazó. O público infantil será tamén o destinatario doutra das primeiras propostas do mes de outubro, o día 2 -18.00 horas no Café Teatro- con “Golulá”, de Galitoon, un espectáculo con monicreques de gran formato. A vindeira fin de semana haberá tres novas propostas: o día 7 -20.30 horas- terá lugar a primeira, “El alma de Valle Inclán”, protagonizada por Rafael Álvarez “El Brujo”; o 8 -20.00- será o concerto de Sondeseu, “XX Aniversario da Orquestra folk Sondeseu en acústico”, a cargo dunha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea, e o día 9 -17.30 horas- poderase ver o musical tributo “El Rey León, de Simba a Kiara”, de Onbeat, cunha espectacular posta en escena e coreografías moi atractivas. O teatro regresará o 15 de outubro -20.00 horas- con Pentación SA, que traerá a Narón “Una noche con ella”, protagonizada pola actriz española Loles León, que realizará unha viaxe pola súa vida. O domingo 16 -18.00 horas- terá lugar unha nova proposta para público infantil, “Ninja”, de Ghazafelhos, obra coa que Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho abordan o tema do acoso nas escolas a través dunha historia cargada de reflexións. A programación no Pazo continuará o 22 de outubro -20.00 horas- coa comedia “Os amos do mundo”, protagonizada por Pedro Picos e Xosé Bonome e a cargo da compañía Bucanero Teatro. As dúas últimas propostas de outubro serán os días 29 -20.00 horas- e 30 -18.00- co monólogo “Oceanía”, de Carlos Hipólito e o espectáculo musical “Al calor del cancionero”, de Teatro de Malta, para poñer en valor o cancioneiro. En novembro o día 5 -20.00 horas- poderase ver no Pazo o sainete cómico-lírico “Villa y Marte”, de Ron La La Teatro, unha reinvención do “xénero chico” con humor, música en directo, teatro e chotis. O día 11 estará no Pazo -20.30 horas- o artista “El Sevilla”, co monólogo “El Sevilla: La vida es rocanrol”, de Tertulia Producción e esa mesma fin de semana o sábado 12 poderase ver a obra de teatro “O porco de pé” -20.00- de Producións Teatrais Excéntricas e o domingo 13 -18.00- haberá teatro de monicreques con Títeres Cachirulo, que traerá a Narón “Lao Lao e o dragón de xeo”. Así mesmo, o 19 ás 20.00 horas poderase asistir ao concerto de Martins Aneiros Band e a programación de novembro rematará o día 27 -18.00 horas- cunha peza para público infantil, de Teloncillo Teatro, “Coser y cantar”. Finalmente, no mes de decembro programouse o tradicional concerto de música góspel, nesta ocasión “The Harlem Gospel Choir”, da compañía The Project, o día 15 -20.30 horas- e tamén o espectáculo de circo “Galtük, un sueño de Navidad”, de La Fiesta Escénica. Este show poderá verse os días 16 -19.00-, o 17 -17.00 e 19.00- e o 18 -12.30 e 18.00 horas-. A maiores, o 28 de decembro -17.00- terá lugar o musical “La gran aventura de los Reyes Magos”, de Vol Music Events SL e o venres 30 -20.30 horas- pechará a programación do ano o concerto de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, “As catedrais silenciadas”. Ferreiro animou á cidadanía a desfrutar do completo programa de espectáculos deseñados para os últimos meses do ano no Pazo, “con propostas moi interesantes para persoas de todas as idades e destacou a presenza de compañías galegas, que están realizando tamén un excelente traballo no eido cultural”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal