Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU AOS PARTICIPANTES NO CAMPAMENTO DA ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE OCIO E TEMPO LIBRE "CROIO"
Marián Ferreiro felicitou aos representantes da entidade pola organización e destacou a implicación das rapazas e rapaces que participan nesta convocatoria
Narón, 26 de xullo de 2022. Medio cento de rapazas e rapaces participan dende o pasado 17 de xullo no campamento “Plan Verán 2022” organizado pola Asociación Deportiva de Ocio e Tempo Libre Croio, no marco do convenio impulsado a través do Concello de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Mocidade, Pablo Mauriz, desprazáronse esta mañá ao CPI do Feal, donde se desenvolve a iniciativa, para visitar aos participantes nesta convocatoria. Ferreiro e os edís naroneses conversaron con representantes da organización e tamén coas rapazas e rapaces que participan, cos que tiveron a oportunidade de almorzar. Un tempo que aproveitaron para explicarlles que tipo de actividades se levan a cabo neste campamento, vencelladas a diferentes áreas, como o medio ambiente, o deporte, a saúde… O “Plan Verán 2022” retomouse este ano, tras dous sen celebrarse debido á pandemia, e rematará o vindeiro 29 de xullo. “Foi un verdadeiro pracer compartir un tempo cos participantes neste campamento, que un ano máis é todo un éxito e no que os rapaces e rapazas desfrutan duns días de convivencia, de actividades moi variadas, excursións e, en definitiva, dun tempo de lecer moi esperado nesta tempada de verán”, asegurou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal