Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE Á SOLAINA CON MOTIVO DO INICIO DAS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DO BARRIO
Marián Ferreiro reuniuse onte con responsables da empresa adxudicataria, da responsable do proxecto e da compañía de mantemento de parques e xardíns con motivo do inicio dos traballos
Narón, 27 de xullo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse onte ao barrio da Solaina con motivo do inicio das obras de humanización proxectadas na avenida principal. A comezos deste mes presentouse no Centro Cívico Social da Solaina o proxecto deseñado para a zona, unha convocatoria na que se avanzaba que os traballos comezarían o 26 de xullo. A rexedora local estivo acompañada por persoal da empresa adxudicataria das obras, Caricles, dos responsables do proxecto e da compañía de xardinería, que coordinaron o inicio da actuación. Un equipo de operarios afanábase na tarde de onte no valado do primeiro tramo no que se acometerán os traballos, a parte final da avenida da Solaina, á altura da Escola Infantil Municipal, donde tamén se apreciaba o acopio de parte do material preciso para a intervención. Ferreiro e os responsables da empresa adxudicataria revisaron os planos e percorreron o tramo da primeira fase. A alcaldesa recordou que “o Concello destina unha partida duns 720.000 euros á humanización da avenida da Solaina, unha intervención que nos permitirá habilitar a cota cero, ordenar os espazos de estacionamento e reservar máis espazo para os peatóns e zonas verdes”. “Os peatóns gañarán espazo, ordenarase a zona de estacionamento e ampliaranse as zonas verdes en todo o vial, que incorporará áreas estanciais e que pasará a ter cota cero cunha plataforma única”, apuntou Ferreiro. “Consideramos que á importancia de facer desta avenida un espazo accesible, que é a prioridade deste proxecto, tamén se ofrecerán novas posibilidades para as superficies comerciais localizadas no tramo e incluso para revalorizalas, ao igual que as vivendas”, recalcou. A rexedora local incidiu en que “tal e como indicamos dende un principio, as obras levaranse a cabo en varias fases, para minimizar as molestias derivadas da materialización dun proxecto destas características” e, ao tempo, pediu colaboración e desculpas á veciñanza da zona “polas molestias que inevitablemente ocasionarán os traballos, que trataremos de que sexan as mínimas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal