Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS CHARLAS VIAXEIRAS REGRESAN AO GULLIVER FEST PARA DAR A COÑECER PROXECTOS DE VIDA E VIAXES EN FURGONETA POR DIFERENTES PAÍSES
O Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest ofrece un programa que se completará con música, obradoiros, teatro e deporte
Narón, 27 de xullo de 2022. As charlas viaxeiras serán de novo un dos grandes atractivos do Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación FurgoGalicia. Os días 5, 6 e 7 de agosto a área recreativa de Pedroso acollerá unha nova edición deste evento, a terceira, dirixido a persoas de todas as idades e cun completo e variado programa de actividades e concertos de balde. Así mesmo, habilitouse unha zona de acampada para furgonetas, caravanas e autocaravanas podendo reservar praza a través da web: www.gulliverfest.es, donde xa se pode consultar o programa completo do evento. O venres 5 abrirá a zona camper e de autocaravanas ás 10.00 horas e o festival comezará ás 16.00, se ben ás 18.00 horas será a primeira das charlas viaxeiras, a cargo de Rubén Prieto. Actor, surfeiro e un dos rostros coñecidos de programas como “El Hormiguero”, Rubén Prieto leva vivindo cinco anos nunha autocaravana e falará da súa experiencia persoal e o día a día nunha autocaravana. Pola noite, ás 21.00 horas, pinchará música un DJ. Na xornada do sábado retomarase a programación ás 9.00 horas con dúas propostas, unha carreira de orientación e unha sesión de ioga con cuencos tibetanos. Haberá tamén tres charlas viaxeiras, unha ás 10.00 con “Titín round de Word”, no que Angie, unha rapaza nada en Arxentina falará sobre a importancia de viaxar para aprender, sen comprender e narrará algunhas das súas experiencias, como unha viaxe por Irán e Kurdistán. A continuación, ás 11.00 horas representantes da firma North Explorer falarán sobre perigos e riscos en actividades do medio natural e técnicas de supervivencia. Pola tarde terán lugar as charlas de Roberto Sastre -18.00-, “O Pekín Express Canino”, que leva tres anos viaxando por Asia cos seus cans en autostop e do xornalista Nicolás Castellano -19.00-, que falará do viaxe non desexado. O teatro musical a cargo da compañía Teatro sobre rodas, un obradoiro de chapas do Gulliver Fest e os concertos de Martins Aneiros Band, Brassica Rapa, Missisipi Queen & The Wet Dogs e Festicultores Troupe completarán a programación do sábado 6 de agosto. Finalmente, o domingo 7 comezará a actividade ás 9.00 horas, cunha sesión de ioga aberta ao público en xeral e ás 10.00 haberá unha nova charla viaxeira, nesa ocasión a cargo de Diana Santos, unha rapaza que viaxou en furgoneta de Alaska a Panamá e ás 11.00 será a de Compass on the road, o proxecto de vida de Agnès, licenciada en INEF e Xevi, deportista de élite, que percorren o mundo en furgoneta. A programación da xornada completarase con xogos populares a partir das 11.30; teatro musical con Teatro sobre Rodas, unha competición de xogos populares a partir das 13.30 horas e música con Tambores da Lagoa, Keepers e Broken Peach. Na zona da área recreativa de Pedroso tamén haberá un espazo de lectura e literatura de viaxes, a cargo da Biblioteca municipal de Narón e foodtrucks para a xente que queira quedar a comer na zona do festival. Dende a organización anímase á cidadanía a acudir a este festival sobre naturaleza, música, viaxes e literatura, ben desfrutando da zona camper e de acampada ou tamén acudindo aos concertos, charlas e actividades que se sucederán ao longo dos tres días en Pedroso.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es