Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO OFRECERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "OS DEREITOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS DURANTE O VERÁN"
O pasado 15 de xullo informouse sobre esa temática, que se repite para incidir na información e solventar cuestións que quedaron pendentes
Narón, 28 de xullo de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Os dereitos das persoas consumidoras durante o verán”. O tema a abordar mañá, a partir das 12.30 horas, será a “A factura da luz”, segundo avanzaron dende a organización. A pasada semana, tal e como indicaron, quedaron dúbidas e preguntas pendentes, polo que se retomará esta charla, na que se fará unha exposición sobre os dereitos que temos nos meses estivais e se respostará ás preguntas que se formulen. As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal