Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HABILITA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO TRISHARK NARÓN 2022
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, avanzou que o sábado 30 cortarase ao tráfico un tramo da estrada de Castela entre as 17.15 e as 20.15 horas, para o que se estableceron rutas alternativas
Narón, 28 de xullo de 2022. O Concello habilitou un plan especial de tráfico con motivo da celebración, o vindeiro sábado día 30, da quinta edición do Trishark Narón. Este evento reunirá na cidade a uns 400 deportistas –e tamén persoas afeccionadas ao triatlón- que competirán na enseada da Gándara e na zona do paseo de Xuvia e inmediacións. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou que a estrada de Castela permanecerá cortada ao tráfico rodado, dende a rotonda de Megasa ata a praza do colexio de Xuvia entre as 17.15 e as 20.15 horas do sábado, co fin de desenvolver o evento coas máximas garantías de seguridade. Os vehículos que a esa hora teñan que transitar pola zona desviaranse pola estrada de San Xiao e o Camiño da Revolta cara aos tramos abertos da estrada de Castela. Así mesmo, dende o Concello tamén se informou á concesionaria do servizo de transporte metropolitano para que os autobuses utilicen un vial alternativo, o Camiño das Agras. Persoal de Protección Civil encargarase de informar na zona o propio día do evento e ofrecer as indicacións oportunas. Romero solicitou de antemán desculpas polas molestias ocasionadas por esta medida, necesaria para poder desenvolver este evento deportivo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal