Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AMPLIADO ATA O 5 DE AGOSTO O PRAZO PARA VISITAR NA BIBLIOTECA MUNICIPAL A EXPOSICIÓN "RECORDOS DO MUNDO"
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, visitou a mostra xunto coa artista autora dos cadros, a naronesa Elena Macía
Narón, 29 de xullo de 2022. A exposición “Recordos do mundo”, da naronesa Elena Macía, poderase ver ata o 5 de agosto na sala de exposicións da planta baixa da Biblioteca municipal. Así o anunciou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que recordou que a mostra está formada por catorce pinturas, maioritariamente acrílicos e predominando as paisaxes entre as temáticas elixidas. A edil naronesa destacou a traxectoria de Elena Macía, que se iniciou como autodidacta para posteriormente impartir clases de pintura a determinados colectivos e amosar as súas obras en diversas exposicións da comarca e tamén doutras comunidades. Os centros cívicos sociais de Piñeiros e San Xiao acolleron xa mostras das pinturas da artista naronesa. A exposición pódese ver os luns e mércores en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas, e de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas. Taibo animou á veciñanza de Narón e tamén doutros concellos a visitar a exposición, destacando a calidade dos cadros que se poden ver na mesma.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal