Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CHARLA SOBRE FACEBOOK PARA PAIS, NAIS E EDUCADORES
Se impartirá o luns 26 de abril ás 19:00 horas no sótano da Biblioteca
Narón, 22 de Abril de 2010.- A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida pola edil Paloma González Cuevas, en colaboración coa Policía Nacional de Ferrol-Narón está a organizar unha charla sobre redes sociais que se desenvolverá o vindeiro luns 26 de abril ás 19 horas no baixo da Biblioteca Municipal (O Alto). O título da mesma é o seguinte: “Redes sociais: ¿e ti qué sabes?” A charla está aberta a tódolos veciños e veciñas de Narón, e se ofrecerá información sobre os problemas que poden derivarse do uso das redes sociais e de Internet, que escapa ó control dos pais e nais e pode presentarse coma unha ferramenta perigosa para os menores de idade. Se incidirá de xeito especial na rede social Facebook, por ser a máis popular. Ó longo desta charla se aclarará a pais, nais e educadores/as o uso e os perigos que pode entrañar a mesma, e se lles ensinará -a través dunha práctica- a crear o seu propio perfil. A charla ten unha duración de 1 hora, nun formato informativo e participativo, e será impartida por unha informática especialista en desenvolvemento de negocio en Internet, en colaboración con un inspector e un subinspector da Policía Nacional.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal