Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SPEIS DE NARÓN RETIROU NO QUE VAI DE ANO UNS 130 NIÑOS DE VELUTINAS DENDE O PASADO MES DE XANEIRO
Dende o Speis impúlsanse ademais ao longo do ano labores preventivas co fin de evitar a proliferación dos niños da vespa velutina
Os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón realizaron no que vai de ano un total de 128 servizos vencellados á retirada de niños de vespa velutina no termo municipal. Así o indicou o concelleiro responsable do Speis, Román Romero, que explicou que esas intervencións se corresponderon con inspeccións realizadas (68), extracción de niños con neutralización (49), exames (9) e cremación de niños in situ (2). A tempada de primaveira e verán é a de maior actividade, se ben as condicións meteorolóxicas condicionan moito a proliferación dos niños de velutina. En canto á ubicación dos mesmos, o edil naronés especificou que “se retiran tanto na zona urbana como rural naqueles casos nos que se considera a urxencia pola perigosidade, por exemplo se están nun colexio ou nunha zona de moita afluencia de persoas”. Os profesionais do Speis coordínanse co servizo de Tragsa para a retirada deses niños, xa que o Concello de Narón ten un convenio asinado coa citada empresa para a retirada. Polo tanto, o procedemento habitual a seguir para calquera persoa que detecte un niño de vespa velutina é alertar ao servizo do 012, dende onde se comezarán a realizar os trámites oportunos para proceder á retirada do niño. “O número de actuacións realizadas no que vai de ano, a falta de cinco meses para que remate, está moi preto de alcanzar o total de intervencións sobre vespa velutina rexistradas no ano 2021, que foron un total de 176”, indicou Romero. Dende o Speis de Narón impúlsanse ademais ao longo do ano labores preventivas, difundindo campañas como por exemplo a do trampeo, co fin de evitar a proliferación dos niños, e da que Romero agradeceu a participación e implicación da cidadanía.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es