Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON TRES ENTIDADES SOCIAIS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 24.100 EUROS
Marián Ferreiro destacou o importante labor que levan a cabo con persoas que precisan atencións moi específicas e coas súas familias.
Narón, 12 de agosto de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou tres convenios de colaboración cos representantes doutras tantas entidades por un importe conxunto de 24.100 euros. Os acordos permitirán manter as actividades e servizos que prestan ás veciñas e veciños da cidade as asociacións de Persoas Xordas de Ferrolterra AXF, Nosa Señora de Chamorro, e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui Ferreiro rubricou con Teresa Gallo, presidenta de AXF, o acordo que posibilita a utilización do Servizo de Intérprete de Lingua de Signos, cursos de Formación de Lingua de Signos Española e Servizo de Interpretación de LIngua de Signos a Lingua Oral, e viceversa, e Guía-Interpretación con persoas xordocegas. A alcaldesa asinou tamén o convenio de colaboración co presidente da entidade Nosa Señora de Chamorro, Juan Manuel Victoria Meizoso, que permitirá desenvolver o proxecto FADAS 2022 de Formación e Apoio ao Desenvolvemento Afectivo Sexual. Así mesmo, outro dos acordos rubricados por Marián Ferreiro foi coa presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, María Isla Avión, que permitirá desenvolver o programa Vacacións en Paz e ten como obxectivos fundamentais, entre outros, posibilitar a estadía de nenos/as sahararuis en acollemento temporal para familias de Narón durante un periodo de dous meses; garantir o seu dereito á saúde realizando a tal fin os controis médicos sanitarios pertinentes; respectar as súas crenzas; favorecer a súa integración no seu medio durante a súa estadía e garantir o regreso ao seu país coas súas familias. Os representantes das entidades agradeceron a colaboración do Concello cos programas e actividades impulsadas por cada unha delas. Pola súa banda, Ferreiro, destacou o importante labor que levan a cabo cada unha destas entidades con persoas que precisan atencións moi específicas e coas súas familias.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal