Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AO NARONÉS TONY PREGO, TERCEIRO CLASIFICADO EN CUSTOM BIKE NO 29º BIKE SHOW INTERNACIONAL DE FARO EN PORTUGAL
Un extenso palmarés de éxitos deportivos en diversos campionatos nacionais e internacionais enmarcan así mesmo unha traxectoria profesional como emprendedor que desenvolve dende hai anos en Xuvia,
Narón, 12 de agosto de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu no Concello ao naronés Tony Prego, tricampeón de España en diferentes categorías relacionadas co mundo do motociclismo e recentementente terceiro clasificado en Custom Bike no 29º Bike Show Internacional celebrado en Faro, Portugal. Un extenso palmarés de recoñecementos deportivos en diversos campionatos nacionais e internacionais enmarcan así mesmo unha traxectoria profesional como emprendedor que desenvolve dende hai anos en Xuvia, Narón, coa posta en marcha de “Fantasy Bikes”, o único taller de España no que se realizan todas as especialidades necesarias para construir unha motocicleta personalizada dentro dun mesmo establecemento, controlando todos os procesos de fabricación e calidade de cada compoñente. Pintura, soldaduras MIg, Mag, Tig, mecánica, carrocería, mecanizados a máquina, pulidos, electricidad, molding en fibra de vidro, diseño e homologacións, son algunhas das actividades que desenvolve, e cun obxectivo importante como é potenciar este sector estando presente nos eventos máis importantes do país e campionatos de constructores, así como Bike Shows internacionais, dado que a demanda de motocicletas persoalizadas e de fabricación única é cada vez maior a nivel nacional e europeo. A alcaldesa asegurou que “é un orgullo que naroneses e naronesas leven o nome de Narón en todas as competicións nas que participan e ademáis, como neste caso, cunha meritoria traxectoria como emprendedor nun sector específico do mundo do motociclismo que require un alto grado de profesionalidade e creatividade, para o que lle desexamos moitos éxitos tanto deportivos como profesionais”

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal