Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE CINCO NOVOS CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS
O Concello destina 243.000 euros a subvencionar a ximnasia rítimica, o voleibol, o kárate e o fútbol.
Narón, 23 de Abril de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os representantes das entidades deportivas Club Boleibol Narón-Volea, Escola Superior de Kárate, Sociedade Deportiva O Val, e Clube Narón Balompé Piñeiros asinaron hoxe catro convenios de colaboración para a promoción e difusión das correspondentes actividades deportivas. Ademáis, no mesmo acto o Alcalde firmou outro convenio co Clube Acordes Narón –cuxo representante non puido asistir- .O importe total dos convenios asinados hoxe ascende a 243.000 euros e divídese do seguinte xeito: -CLUB ACORDES NARÓN: 25.000 euros (deporte: ximnasia rítmica) -CLUB BOLEIBOL NARÓN-VOLEA: 6.000 euros (deporte: voleibol) -ESCOLA SUPERIOR DE KÁRATE: 14.000 euros (deporte: kárate) -SOCIEDADE DEPORTIVA O VAL: 48.000 euros (deporte: fútbol na zona rural) -CLUBE NARÓN BALOMPÉ PIÑEIROS: 150.000 euros (deporte: fútbol) O Alcalde de Narón agradeceu o traballo que realizan os clubes deportivos e asegurou que eles son os que merecen o recoñecemento público. “Nos só intentamos poner á súa disposición os recursos necesarios, a pesares dos momentos de crise económica nos que estamos”, declarou Jose Manuel Blanco. No mesmo sentido pronunciouse a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, quen lembrou que o Concello tivo que reducir o orzamento municipal do ano 2010 en casi 3 millóns de euros, pero respetando áreas coma a deportiva á que se destinarán neste 2010 un total de 529.000 euros correspondentes a 15 convenios.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal