Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS E OUTRAS ENTIDADES DE ÁMBITO MUNICIPAL
A convocatoria está dirixida a actuacións e programas para promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo en diferentes áreas
Narón, 22 de agosto de 2022. O Concello de Narón convoca un ano máis as subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal, dirixidas a actuacións e programas realizados durante este ano e encamiñadas a promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo en diferentes áreas. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou que se poderán solicitar a partir de mañá –e durante os vindeiros quince días hábiles, - coa documentación correspondente a través da Sede Electrónica do Concello. As asociacións e institucións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro que soliciten estas subvencións deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello, ter os seus datos actualizados no momento de presentar a solicitude e debidamente xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello. Así mesmo, deben cumprir o resto de requisitos que se establecen no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Narón. As áreas nas que deben traballar as asociacións e entidades solicitantes son: Socioeducativa, Sociocultural, Igualdade, Persoas con discapacidade, Persoas con drogodependencias, Infancia, Inmigración, Minorías étnicas, Atención ás persoas maiores, Participación cidadá, Mocidade, Medioambiental e Saúde, tal e como se especifica nas bases recollidas na Sede Electrónica do Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal