Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O 15 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO "VALÓRATE" DO PROGRAMA MUNICIPAL DE IGUALDADE
As datas de celebración serán de outubro a decembro de 2022 e desenvolveranse nun centro cívico social ou centro comunitario
Narón, 23 de agosto de 2022. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, informou que o obradoiro “Valórate” ten como obxectivo fundamental acadar un maior benestar bio-psico-social e aprender a mantelo de xeito autónomo así como adquirir novas habilidades que favorezan a propia autoestima. Está dirixido a mulleres maiores de 50 anos con doenzas psicosomáticas, depresión, ansiedade…Como obxectivos específicos nesta actividade cabe destacar a posibilidade de crear unha rede social de apoio, crear un espazo de aprendizaxe emocional como forma de acadar un maior benestar físico e psíquico, dotar ás persoas de ferramentas para o autocoidado emocional e o cambio de perspectiva sobre as diferentes situacións que se poden presentar na vida. Así mesmo, pretende facilitarlles ás persoas participantes un espazo distendido onde divertirse, socializar e probar novas actividades que incidan no seu benestar psicosocial e facilitarlles tamén un tempo de desconexión da rutina diaria onde lograr conectar con outras persoas e outras circunstancias que axuden a renovar a enerxía vital e a acadar unha visión máis positiva sobre sí mesmas. As datas de celebración serán de outubro de 2022 a decembro de 2022 e desenvolveranse nun centro cívico social ou centro comunitario. O número de prazas total é de 30, divididas en tres grupos cuxos horarios serán: Grupo 1: martes de 10.00 a 12.00 horas; Grupo 2: martes de 16.30 a 18.30 horas; e Grupo 3: mércores de 16.30 a 18.30 horas. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal