Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO PEKADOS E A ORQUESTRA LOS PLAYERS ACTUARÁN ESTE SÁBADO NA FESTA DA VERBENA ORGANIZADA NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
A concelleira de Festas, Natalia Hermida, anunciou que a cita musical, con acceso libre, terá lugar o sábado 27 de agosto
Narón, 24 de agosto de 2022. A concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentou esta mañá a Festa da Verbena, que se celebrará este sábado, día 27, no paseo marítimo de Xuvia. O evento, con acceso libre, conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a través da convocatoria de subvencións de apoio ao sector da verbena, habilitada para incentivar a contratación de orquestras, tal e como recordou a edil naronesa. O grupo Pekados será o encargado da sesión vermouth, que terá lugar de 13.30 a 15.00 horas e tamén do inicio da sesión festiva da noite, entre as 22.30 e as 24.00 horas. A continuación, ata as 02.00 horas, actuará a orquestra Los Players. Hermida recordou tamén que o día anterior, o venres 26, se celebrará o concerto de Coque Malla nesa mesma ubicación, entre as 22.00 e as 24.00 horas, patrocinado pola Xunta de Galicia a través do Xacobeo 22. “Esta será unha fin de semana de música e lecer no paseo de Xuvia e dende o Concello animamos ás nosas veciñas e veciños e tamén a xente doutras localidades a desfrutar das diferentes actuacións”, asegurou a concelleira de Festas. A edil incidiu tamén en que estes dous eventos suporán unha boa oportunidade para dinamizar o sector servizos e a hostalería da cidade

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal