Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS MENORES SAHARAUÍS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA "VACACIONES EN PAZ" CONTINÚAN REALIZANDO ACTIVIDADES E VISITAS DE LECER E DIDÁCTICAS
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, agradeceu a implicación das persoas que fixeron posibles estas visitas e tamén das familias de acollida
Narón, 26 de agosto de 2022. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, destacou o completo programa de actividades que, en colaboración con diferentes asociacións e empresas, se está levando a cabo para ofertar un tempo de aprendizaxe e lecer aos sete menores saharauís que participan na iniciativa “Vacaciones en Paz”. Xunto coas familias de acollida da cidade, nos últimos días visitaron as instalacións da Confraría de Barallobre (Fene), donde lles amosaron moluscos bivalvos e a súa captura, como se depuran e tamén outras especies vivas como as que teñen no acuario das citadas instalacións. Así mesmo, desprazáronse acompañados por representantes da Asociación de Bombeiros de Narón –que xestionaron varias visitas destes días- ás instalacións da Casa del Agua (Termaria), na Coruña, donde desfrutaron dos seus servizos de balde e tamén o fixeron nas de South Park Odeón, donde puideron divertirse saltando nos inchables. Na xornada de onte desprazáronse á praia de Pantín (Valdoviño) para disfrutar dun bautismo de surf grazas á empresa Pantín Surf Camp. Dende a súa chegada á cidade, o pasado mes de xullo, os menores saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Arxelia) tamén tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón, e o circuíto de NHD Adventure para realizar un percorrido en vehículos 4x4, no polígono de Río do Pozo. García agradeceu “a implicación de todas as persoas que fixeron posible que os sete nenos saharauís que este ano participan no programa Vacaciones en Paz e as súas familias de acollida de Narón puidesen desfrutar destes espazos durante a súa estadía na cidade, da que esperamos que leven un grato recordo”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal