Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REITERA Á XUNTA A NECESIDADE DUNHA NOVA LIÑA DE TRANSPORTE INTERIOR EN AUTOBÚS POLA GÁNDARA, A SOLAINA E FREIXEIRO
A concelleira de Transporte Público, Mar Gómez, denunciou que despois dun ano a Xunta non respostase á proposta plantexada dende o Concello
Narón, 1 de setembro de 2022. A edil de Transporte Público, Mar Gómez, remitiu novamente á Xunta un escrito reivindicando a xa demandada liña de transporte interior en autobús pola Gándara, A Solaina e Freixeiro. Os escritos enviáronse onte á Dirección Xeral de Mobilidade e á Xefatura Territorial da Coruña, ante a falta de resposta sobre esta demanda, que se formulou xa hai un ano. “Dende o Concello contactamos coa concesionaria do servizo para que nos deseñara unha ruta cos horarios e paradas e nos enviara un orzamento desta nova liña, documentos que remitimos o pasado ano á Xunta e sobre os que aínda non se pronunciaron, a escasos días de iniciar o curso nos institutos locais, con problemas no servizo de transporte actual”, denunciou Gómez. A nova liña de transporte interior uniría os barrios da Gándara e A Solaina coa zona do Concello e o novo centro de saúde, e ao mesmo tempo cos dous institutos locais, As Telleiras e Terra de Trasancos, ubicados na zona de Freixeiro. “A entrada en funcionamento desta liña posibilitaría o desprazamento en autobús dos menores que van aos institutos locais e tamén a aqueles usuarios e usuarias que se dirixen ao novo centro de saúde e á zona do Consistorio, solventando un grave problema deste servizo”. Dende o Concello recordaron que se trata dunha reivindicación que comparten veciñas e veciños dos citados barrios e as ANPAS afectadas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal