Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACUDIU ESTA MAÑÁ Á INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "NARART, UNHA PONTE Á ARTE"
Marián Ferreiro estivo acompañada por edís da corporación local e por representantes da Asociación Narart
Narón, 1 de setembro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá á Biblioteca municipal para asistir á inauguración da exposición “Narart, unha ponte á arte”. A rexedora local estivo acompañada por outros edís da corporación e por representantes da Asociación Narart (Narón, amigos del arte), aos que felicitou polo seu traballo. A mostra poderá verse ata o 15 deste mes na planta soto da Biblioteca. A exposición é colectiva de pinturas e imaxes, con preto de oitenta obras realizadas por integrantes da Asociación Narart: Lucía Bouza, Manuel Carballeira, María José García, Juan García, Maite López, Katy Martín, Manoli Miraz, Esther Piñán, Crisanto Poveda, Carmen Rodríguez, Rosa María Rodríguez, Mercedes Urriza e Juan Rafael Zaplana. O horario de visita será do 1 ao 7 de setembro de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas e os luns e mércores de 18.00 a 21.00 horas e dende o 8 ata o 15 de setembro –incluídos- de luns a venres de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal