Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NAS PARROQUIAS DO VAL E SAN MATEO DENDE A NOITE DO VINDEIRO MARTES ATA A MAÑÁ DO MÉRCORES
A interrupción no subministro afectará ao servizo nas citadas parroquias os días 8 e 9 de setembro
Narón, 2 de setembro de 2022. A empresa do Servizo Municipal de Abastecemento de Narón, Cosma, anunciou un corte no subministro de auga que terá lugar o vindeiro martes día 6 a partir das 20.00 horas e que se prolongará ata as 8.00 horas do mércores 7. A interrupción no subministro afectará a dúas parroquias da zona rural: San Mateo e O Val, tal e como indicaron dende a empresa. Durante o período das restricións operarios da compañía realizarán labores de mantemento no depósito de abastecemento localizado no Val. Dende Cosma solicitan de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poida ocasionar o corte no subministro, necesario para poder levar a cabo os traballos previstos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal