Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIU HOXE O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS FINANCIEIRAS DE EMERXENCIA PARA COMEDOR E MATERIAL ESCOLAR
As solicitudes poden presentarse no Rexistro xeral do Concello ou través da Sede Electrónica de Narón
Narón, 6 de setembro de 2022. O Concello abriu hoxe o prazo de solicitude de axudas financieiras de emerxencia para comedor e material escolar. As de comedor teñen como obxecto sufragar os custos de comedor escolar nos centros educativos concertados do Concello e as de material escolar o de facilitar o acceso a este material ás familias con fillas e/ou fillos matriculados en segundo ciclo de Infantil, educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos. En ambos casos poderán solicitarse ata o 30 de abril do curso corrente e concederanse en función da renda da unidade de convivencia. Así mesmo, no caso dos vindeiros cursos escolares as solicitudes poderán presentarse a partir do 1 de xullo de cada ano ata o 30 de abril do curso corrente. As solicitudes poden entregarse conforme ao modelo do Concello no Rexistro Xeral –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As persoas interesadas en solicitar máis poden dirixirse ao Rexistro Xeral de entrada do Concello ou ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal