Os escolares do centro intercambian libros durante os recreos desta semana.
Narón, 28 de Abril de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, visitaron esta mañá a I Feira do Troco de Libros que organiza durante esta semana o CEIP Ponte de Xuvia. Trátase dunha iniciativa xurdida do equipo encargado de dinamizar a biblioteca pública deste centro de ensino, e que trata de fomentar a lectura nos rapaces/as, ó tempo que se homenaxea tamén o Día do Libro (23 de abril).
A Feira estase a celebrar durante esta semana (do 26 ó 30 de abril) no recreo dos estudiantes, e consiste nun intercambio de libros que eles mesmos traen das súas casas e que atópanse en perfecto estado de conservación. A comunidade educativa do CEIP Ponte de Xuvia entrega a cada nen@ tantos vales coma exemplares traia éste da súa casa, para canxealos pola mesma cantidade de libros, de entre os exemplares expostos en dúas mesas.
Segundo comentou o director do CEIP Ponte de Xuvia, Carlos Pena, trátase dunha actividade participativa que permite que os nenos e nenas se interesen pola lectura. Nos mesmos termos expresouse a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, comentando que o troco de libros é unha boa idea para fomentar a lectura entre os nenos e nenas, que ademáis resulta práctica porque así comparten os libros.
Finalmente, o Alcalde de Narón engadiu que o nivel de actividade e participación dos centros de ensino neste municipio é moi elevado, o que demostra que ós colexios non se ven só a aprender senón tamén a participar e colaborar, declarou.
No Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Ponte de Xuvia estudian un total de 187 alumn@s. Na Feira do Troco de Libros interviñeron os escolares de 3º de Educación Infantil e tódolos de Educación Primaria, sumando perto de 300 exemplares de libros.