Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTE SÁBADO Á CIDADE
A unidade móvil permanecerá estacionada este sábado xunto ao edificio do Xulgado de Paz, en Xuvia, de 10.00 a 15.00 horas
Narón, 7 de setembro de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este sábado, día 10, ás inmediacións do Xulgado de Paz de Xuvia. O vehículo permanecerá operativo en horario de 10.00 a 15.00, tal e como se indicou dende ADOS. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal