Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REPRESENTANTES DE CENTROS DE ENSINO, ANPAS E AAVV RECIBIRON NO PAZO INFORMACIÓN SOBRE ACTIVIDADES DAS ESCOLAS CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE ENSINO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, acudiu á convocatoria cos edís de Educación, Mercedes Taibo, e Deportes, José Oreona, e persoal municipal
Narón, 7 de setembro de 2022. O Pazo da Cultura acolleu onte, ás 19.00 horas unha xuntanza convocada polo Concello para informar aos centros de ensino, ANPAS e entidades veciñais da cidade sobre as actividades das escolas culturais e deportivas municipais e tamén a oferta de obradoiros e visitas impulsadas dende Ensino. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asistiu á convocatoria, na que estivo acompañada polos edís de Ensino, Mercedes Taibo, Deportes, José Oreona, o director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández, e Mercedes Sáchez, técnica do Servizo Sociocomuntiario de Narón. A través da web: buscoactividade.naron.es pódese consultar información sobre estas propostas e doutras áreas dirixidas á cidadanía, e tamén nas webs dos Padroados de Cultura e Deportes. No transcurso da convocatoria, que se prolongou durante algo máis de dúas horas, os representantes municipais explicaron toda a oferta dispoñible nas diferentes áreas e entregaron documentación sobre a mesma, ao tempo que aclararon algunhas dúbidas que tiñan os asistentes. As axudas para familias vulnerables, os fraccionamentos de pago, e a flexibilidade para anotarse no caso de que existan vacantes e persoal interesado foron algúns dos asuntos abordados tamén no transcurso da reunión. A alcaldesa agradeceu a asistencia de todos os representantes de centros educativos, ANPAS e entidades veciñais da cidade e valorou o seu labor de cara a difundir esa oferta de actividades e tamén as posibilidades de descentralizar algunhas delas, tal e como se está facendo en varios casos, para facilitar a asistencia das veciñas e veciños interesados. No que respecta ás actividades culturais, informouse de que o prazo de inscrición permanece aberto, ao igual que nas de Ensino, se ben para as escolas deportivas municipais abrirá mañá. Na convocatoria estiveron representantes dos colexios Jorge Juan, A Solaina, Ponte de Xuvia, Ayala, A Gándara, Virxe do Mar, Piñeiros, Santiago Apóstol, do CRA e do IES das Telleiras; en representación das ANPAS de centros acudiron as da Gándara, do Feal, Virxe do Mar e das entidades veciñais as da Agrupación Veciñal de San Mateo, da Sociedade Cultural Areosa (Piñeiros), da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” (Pedroso), e Altea (Xuvia).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal