Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE VENRES UNHA MESA REDONDA SOBRE "A NOVA CANCIÓN GALEGA AO REDOR DO 72"
A convocatoria, que inclúe un coloquio, dará comezo ás 19.30 horas no Café Teatro e a entrada é libre
Narón, 14 de setembro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá este venres unha mesa redonda e un coloquio sobre “A nova canción galega ao redor do 72”, unha cita organizada polas asociacións culturais Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán e na que colabora o Concello de Narón. A convocatoria, con entrada libre, terá lugar no Café Teatro a partir das 19.30 horas. A presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz, será a encargada de presentar o evento, no que participarán Vicente Araguas, cofundador de Voces Ceibes; Sheila Fernández, historiadora e investigadora da canción protesta galega, e Xoán Rubia, cantautor e membro da Nova Canción Galega. A actividade, tal e como indican dende a organización, terá unha parte musical e enmárcase nos actos do Cincuentenario do 10 de Marzo do 72 que se desenvolverán ao longo deste ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal