Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA UNHA CAMPAÑA DIRIXIDA Á HOSTALERÍA LOCAL PARA REALIZAR UN ESTUDO SOBRE O SECTOR
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá a iniciativa, que se desenvolverá do 1 ao 31 de outubro
Narón, 15 de setembro de 2022. O Concello de Narón organiza unha nova campaña dirixida ao sector hostaleiro local co fin, entre outros, de coñecer a opinión da cidadanía sobre o sector. O edil responsable da área de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá a iniciativa, na que poderán participar, tal e como indicou, un máximo de 50 establecementos de hostalería da cidade. “Terán que anotarse dende mañá ata o 25 deste mes a través do correo electrónico me.mendez@naron.es, indicando o nome da persoa responsable, o do establecemento e un teléfono de contacto”, avanzou. As veciñas e veciños que acudan aos locais participantes poderán cubrir unha enquisa sobre as tapas e racións que ofrecen, os produtos que destacarían, a implantación das terrazas, a formación do sector, os produtos locais e o Club Narón Gastronómico. Esa enquisa estará dispoñible nos propios establecementos, donde tamén haberá unha urna donde depositalas cos datos de contacto. “A campaña desenvolverase do 1 ao 31 de outubro e ao remate da mesma, en novembro, todas as persoas que participen –poderase cubrir unha enquisa por persoa e establecemento- entrarán no sorteo dunha cesta delicatesen con produtos galegos”, avanzou Pita. O edil indicou que se sorteará unha cesta en cada un dos locais participantes. “A través desa enquisa realizaremos un estudo para coñecer máis en profundidade a situación do sector e a visión que del teñen as veciñas e veciños de Narón ou doutros concellos que participen”, apuntou. O edil de Promoción Económica animou á cidadanía a participar e destacou que se trata dunha campaña “que nos permitirá definir iniciativas futuras para mellorar, no caso de ser preciso, algúns aspectos relacionados co sector”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal