Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU HOXE NO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA NACIONAL DE GRAFFITI
A rexedora local, Marián Ferreiro, e o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, entregaron os premios a Nauni69, Elrond e Decima PNS
Narón, 18 de setembro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro e o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, participaron este mediodía no acto de entrega de premios da Liga nacional de graffiti organizada polo Concello. Ferreiro destacou a calidade de todos os traballos realizados dende o pasado venres no túnel do Camiño Inglés, no paseo de Xuvia, e agradeceu a implicación dos dez graffiteiros que participaron e da Liga nacional de graffiti. Este mediodía, ás 12.00 horas os artistas remataron os seus traballos, que foron valorados a través das redes sociais da Liga nacional de graffiti e tamén por xuíces expertos en graffiti. O primeiro premio foi para o graffiteiro Nauni69, o segundo para Elrond e o terceiro para Decima PNS, sendo Marián Ferreiro e Pablo Mauriz os encargados de entregar os respectivos premios antes de que os galardoados regresasen de novo ás súas localidades de orixe. A rexedora local e o edil de Mocidade visitaron tamén onte a zona para ver os avances dos traballos que realizaban os graffiteiros, que tamén puideron ver todas aquelas persoas que transitaron esta fin de semana pola zona, entre eles peregrinas e peregrinos que realizaban o Camiño Inglés cara a Compostela. Precisamente o Camiño Inglés foi a temática predominante nos deseños dos graffiteiros para esta zona da cidade, que loce dende hoxe con gran colorido e un destacado cambio de imaxe. A convocatoria incluíu unhas sesións para nenas e nenos nas que recibiron información de como se realiza un graffiti e nas que tamén tiveron a oportunidade de colorear un deseño con sprays de diferentes cores, para poñer en práctica as explicacións que ían recibindo previamente sobre o proceso de creación destes deseños. Nauni69, Rudiart, Hide2, Sea162, Nexgraff, Jacobo Palos, Elrond, Decima PNS, Konestilo e Danklabaran, dez dos mellores graffiteiros nacionais, chegaron o pasado venres á cidade procedentes de Alacante, Murcia, Málaga, La Palma, Valencia, Xerez, Huelva, Almería, Donosti e Madrid para participar nesta convocatoria, despois dunha selección previa por outros traballos realizados e na que participaron outros recoñecidos graffiteiros. “No túnel do Camiño Inglés quedará plasmado o traballo destes dez graffiteiros, con obras moi diferentes entre elas pero todas realizadas cunha gran profesionalidade”, destacou a alcaldesa, que felicitou novamente tralo acto da entrega de premios a todos os participantes nesta convocatoria, que se realizaba por primeiro ano na cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal