Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE Á ASOCIACIÓN CHAMORRO CON MOTIVO DO REMATE DOS TRABALLOS DE MATERIAL PARA AS "21 LEGUAS, OS 101 QUILÓMETROS DE NARÓN"
Marián Ferreiro estivo acompañada na visita polo edil de Deportes, José Oreona, e tamén por Juan Manuel Victoria e Rocío Coira, presidente e xerente, respestivamente, da Asociación Nuestra Señora de Chamorro
Narón, 26 de setembro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse esta mañá á Asociación Nuestra Señora de Chamorro, no Val, para comprobar o avance dos traballos que están realizando dende a entidade con motivo da próxima celebración, o 8 de outubro, das “21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón”. Acompañados polo presidente da Asociación, Juan Manuel Victoria e da xerente das instalacións, Rocío Coira, estiveron percorrendo os diferentes talleres donde se realizaba a sinalización, as medallas, banderíns e bolsas que se entregarán aos participantes neste evento, máis dun milleiro de persoas. Ferreiro felicitou ás persoas que están traballando dende hai varias semanas para que todo estea a punto de cara á celebración deste multitudinario evento, organizado polo Concello e a Asociación 21 Leguas e que conta coa colaboración dos concellos de Ferrol, Valdoviño e Neda e da Xunta de Galicia, o Porto de Ferrol, a Armada e Navantia. “Quero trasladar os meus máis sinceiros parabéns a todas e cada unha das persoas que estades traballando na elaboración do material co que sinalizaremos a proba e tamén parte do que levarán como agasallo os participantes”, asegurou a alcaldesa. Na súa visita Ferreiro destacou a calidade do traballo realizado e o compromiso da Asociación Chamorro en cada detalle dos que se encargaron dende o Concello naronés. “É un orgullo poder contar cunha asociación da nosa cidade como Chamorro para realizar este labor que é tan importante para nós e precisamente por iso, porque coñecemos o seu compromiso, quixemos que fose esta entidade a que se encargase dunha parte fundamental deste evento deportivo”, subliñou. A rexedora local e o edil de Deportes conversaron coas persoas que hoxe mesmo continuaban ultimando a sinalización e as medallas das 21 Leguas, que lles explicaron o procedemento que seguiron para a súa realización. Finalmente, Ferreiro felicitou tamén aos responsables da asociación Chamorro “porque sodes unha entidade de referencia non só na nosa cidade, de dedicación e atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal