Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA INAUGUROU HOXE NO PAZO A "XORNADA DE DIFUSIÓN: ECONOMÍA SOCIAL E EMPRENDEMENTO"
Marián Ferreiro presidiu o acto inaugural acompañada pola secretaria xeral de Emprego da Xunta, Covadonga Toca; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 30 de setembro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, inaugurou esta mañá no Café Teatro do Pazo da Cultura a “Xornada de difusión: economía social e emprendemento”. Xunto a Ferreiro participaron no acto inaugural a secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, así como o edil naronés Santiago Galego. Ferreiro deu a benvida ás persoas que participaron na xornada, dirixida a emprendedores, empresarios, representantes de entidades e público en xeral, e destacou o programa desta convocatoria. O funcionamento da Oficina Local de Fomento da Economía Social da Rede Eusumo, o traballo desenvolvido pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami); Unión de Cooperativas Galegas (Espazocoop); e do Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 2022 formaron parte dos contidos desta convocatoria. Así mesmo, abordáronse modelos de financiación diferentes aos da banca tradicional da man de Fiare Banca Ética e Coop57 Galiza, para dar paso a dúas experiencias de emprendemento, a de Pingota Comunicación e a de Aventeira, adicada ao sector educativo e de lecer. “Noraboa a todas as persoas que apostades pola economía social e o emprendemento, por dar ese paso adiante que en moitas ocasións non é nada sinxelo”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa destacou o modelo do cooperativismo e a importancia da formación nesa área e tamén de ofrecer información ao respecto, puntos nos que coincidiu coas representantes da administración autonómica. A iniciativa enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Ministerio de Traballo e Economía Social.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal