Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO URBANIZA E DOTARÁ DUNHA ZONA VERDE Á RÚA CAMIÑO DO PEREGRINO, NA PARROQUIA DE PIÑEIROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, reunironse na zona co presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, Francisco José Pita
Narón, 1 de outubro de 2022. Os proxectos de urbanización e dotación de zona verde con equipamento na rúa Camiño do Peregrino e o seu entorno, na parroquia de Piñeiros, suporán ás arcas municipais un desembolso duns 640.000 euros. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona donde se iniciaron xa os traballos de urbanización e reuníronse co presidente da AVV Piñeiros, Francisco José Pita, para intercambiar opinións sobre estes dous proxectos. “Estas dúas actuacións suporán un importante cambio de imaxe nesta zona de Piñeiros e ofrecerán ás veciñas e veciños unha nova alternativa de lecer, con propostas diferentes ás ubicadas noutros puntos da cidade”, asegurou Ferreiro. En canto ao proxecto de urbanización integral dun tramo da rúa Camiño do Peregrino a alcaldesa apuntou que os traballos previstos execútanse dende hai unhas semanas nun espazo de aproximadamente 160 metros da citada vía e outros terreos adxacentes que separan ese tramo do itinerario do Camiño de Santiago ao seu paso por Piñeiros. A actuación prevista permite habilitar unha beirarrúa cun ancho mínimo de 1,80 metros paralela ao vial existente e formando un itinerario opcional ao da estrada de Castela e igualmente accesible, tal e como figura no proxecto. No outro lado do vial habilitarase outra beirarrúa e regularanse espazos específicos para o estacionamento de vehículos, tanto en liña como en espiga, e a maiores procederase á renovación do firme. Así mesmo, habilitarase unha isleta, a modo de zona verde no pavimento, para facilitar as manobras de camións que habitualmente transportan mercadorías para un establecemento localizado na zona. O prazo de execución dos traballos é, neste caso, de catro meses. A rexedora local explicou tamén que o acondicionamento do entorno da rúa Camiño do Peregrino contempla sendas peatonais e espazos verdes que albergarán un espazo de ocio. “Haberá tres zonas diferenciadas, cun área de esparcemento con arbolado, bancos e unha fonte, outra para practicar o parkour con distintos elementos e outra cun bowl en forma de 8 e con tres zonas de altura diferenciadas para a práctica do skateboard”, avanzou. Os traballos están en proceso de licitación e o prazo de execución é de seis meses, tal e como consta no prego deste proxecto. A alcaldesa destacou o feito de que “o acondicionamento deste área complétase na zona coa senda peonil e ciclista que enlazará os paseos de Xuvia e Freixeiro, á que se destina un investimento de algo máis dun millón de euros. “Continuamos avanzando no deseño do futuro da cidade, materializando proxectos que permitirán que Narón continúe sendo un referente en zonas verdes e espazos de lecer e tamén ofrecendo ás veciñas e veciños equipamentos para a práctica de diferentes modalidades deportivas”, recalcou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal