Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS "II XORNADAS MICOLÓXICAS DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou esta mañá o evento acompañada por Xosé Manuel Fernández e José Bouso, presidente e secretario respectivamente da Asociación Micolóxica Viriato
Narón, 3 de outubro de 2022. O Consistorio organiza unha nova edición, a segunda, das Xornadas Micolóxicas Concello de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o presidente e o secretario da Asociación Micolóxica Viriato, Xosé Manuel Fernández e José Bouso, respectivamente, presentaron esta mañá no Concello a segunda edición das “Xornadas micolóxicas Concello de Narón”. Ferreiro avanzou que se celebrarán os días 13, 14 e 15 de outubro e animou ás persoas interesadas en anotarse, de balde, a facelo a partir de mañá na Biblioteca municipal –de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 13.00- ou no teléfono 981 382 173. Hai un total de 30 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. O Café Teatro do Pazo acollerá as dúas primeiras sesións destas xornadas, o xoves 13 e o venres 14, en horario os dous días de 19.30 a 21.00 horas. Tres expertos na materia informarán aos asistentes sobre os conceptos básicos dos cogomelos e os fungos, o seu valor para o ecosistema, como se alimentan, importancia da súa conservación, como recolectalos, e a normativa autonómica en vigor. Haberá tamén unhas mesas a modo de expositores nos que se poderán ver diferentes especies de fungos e cogomelos. O día 15 deste mes terá lugar un paseo micolóxico pola zona do Roxal, en Neda. Os asistentes sairán ás 10.00 horas da Escola de Maciñeira, en Neda –ata donde deben desprazarse en vehículos particulares- para percorrer un tramo da ribeira do Belelle e ir observando os cogomelos que se atopan pola zona, diferenciando os comestibles dos tóxicos. Dende a Asociación Micolóxica Viriato agradeceron a aposta do Concello naronés para organizar de novo esta convocatoria, que cada ano ten moi boa acollida entre a cidadanía. Así mesmo, a alcaldesa destacou a colaboración da Asociación Micolóxica Viriato para dar continuidade a este evento, “que se está consolidando na cidade entre as actividades propias desta época do ano e que nos permite coñecer da man de profesionais diferentes aspectos da micoloxía”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal