A organización establece catro categorías, entre as que repartirá 2.500 euros en premios.
Narón, 4 de Maio de 2010.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa o certame ecuestre Equinarón 2010 que terá lugar o vindeiro 30 de maio no Recinto Feiral do Trece, en Sedes.
Segundo explicou a edila, a principal novidade desta edición de Equinarón é que as probas se concentran nunha única xornada a diferencia do ano pasado, que realizamos unha especie de liguilla en catro convocatorias, dixo.
Así, o certame ecuestre prolongarase durante toda a xornada do 30 de maio, contemplándose un total de catro categorías: andadura serrada (a dous tempos), andadura chapeada (a catro tempos), arrastre, e trote de trotóns. En total, a organización entregará 2.500 euros en premios.
Ademáis das competicións, está prevista unha exhibición ecuestre a cargo de Tomás Besada, titulada Soñando a cabalo.
A inscripción é gratuita e pode realizarse no Mesón A Trasanquesa (na Feira do Trece) ata unha hora antes do comenzo das probas. É imprescindible presentar a fotocopia do Libro de Identificación Caballar (L.I.C.).
Equinarón 2010 é un concurso organizado pola Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón, en colaboración con Protección Civil de Narón. O orzamento deste evento ascende a 8.000 euros.