Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE SOLICITUDE DE POSTOS DE VENDA DE MEL PARA PODER PARTICIPAR NA FEIRA DO MEL QUE ORGANIZA O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ
O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, avanzou que o evento se celebrará o 23 de outubro no recinto feiral do Trece, en Sedes
Narón, 5 de outubro de 2022. O Concello ultima os preparativos dunha nova edición da Feira do Mel, que se celebrará o día 23 deste mes no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, animou aos produtores da zona a inscribirse neste evento para participar e poder vender mel ou produtos elaborados con mel. “Esta feira suporá unha oportunidade de mercado e, ao mesmo tempo, de dar a coñecer á cidadanía a gran cantidade de produtores que hai en Narón e comarca”, asegurou Galego. O evento, indicou o edil, conta coa colaboración da delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA). O concelleiro naronés informou que as persoas interesadas en participar como vendedores de mel ou derivados poden anotarse, de balde, dende mañá ata o vindeiro 14 de outubro ás 14.00 horas a través do correo electrónico: me.mendez@naron.es. Para facelo, deben facilitar o nome e apelidos da persoa vendedora, un número de DNI, unha dirección postal e un teléfono de contacto. A Feira do Mel celebrarase o 23 de outubro en horario de mañá e tarde e ademais de postos de venda e expositores acollerá un variado programa dirixido ás familias que se está ultimando dende o Consistorio, tal e como avanzou Galego.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal