Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O TEATRO E A MÚSICA CENTRAN A PROGRAMACIÓN CULTURAL DESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
As entradas para os diferentes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 6 de outubro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres novos espectáculos da programación do Padroado da Cultura para os últimos meses do ano. A primeira das citas será mañá co actor e dramaturgo Rafael Álvarez, “El Brujo”, que interpretará “El alma de Valle Inclán” ás 20.30 horas. Trátase dun espectáculo íntimo que xurdiu durante o confinamento e no que o autor reinterpreta textos de Valle Inclán durante algo máis de hora e media. As entradas teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O sábado será o turno da música, nesta ocasión a cargo de Sondeseu, unha orquestra folk de Galicia que celebra os seus vinte anos sobre os escenarios cun concerto acústico con máis de medio cento de músicos. A tradición oral da música popular de Galicia integra o seu repertorio, con música de gaitas, zanfonas, violíns, frautas de madeira e outros instrumentos. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos. Finalmente, o domingo 9 poderase ver ás 17.30 horas e ás 19.30 o musical tributo “El Rey León, de Simba a Kiara”, a cargo de Onbeat. A interacción co público, espectaculares voces en directo e unha gran posta en escena e atractivas coreografías son os sinais de identidade desta inesquecible proposta. As entradas teñen un prezo de 15 euros no patio de butacas, de 13 no anfiteatro 1 e 12 no anfiteatro 2. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da web: padroadodecultura@naron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal