Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO FORUM GALICIA INVESTS ORGANIZADO POLO CONCELLO
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, participarán no acto inaugural do evento xunto con representantes de Netin Club
Narón, 7 de outubro de 2022. O Concello de Narón organiza unha nova edición dun evento de investimento privado na zona co obxectivo de facilitar a financiación de empresas que queiran lanzar ou afianzar innovadores modelos de negocio, o Forum Galicia Invests. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, informou que a convocatoria terá lugar o vindeiro 13 de outubro no Pazo da Cultura, explicando que se poderá participar, de balde, de xeito presencial –de 19.00 a 21.30 horas- ou vía telemática -19.30 a 21.30-. O evento comezará coa benvida institucional, que presidirá a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e na que intervirán tamén o concelleiro de Promoción Económica, David Pita; o conselleiro delegado de Netin Club Oficina nacional, Enrique Saint-Gerons e un representante de Netin Club Galicia, Jesús López. A continuación, sobre as 19.30 e ata as 20.00 horas, presentaranse tres proxectos: Sportbook (Galicia), a rede social dos deportistas; Dbarrio (Galicia), markerplace solidario e colaborativo para axudar ao pequeno comercio dos concellos a vender en liña e a domicilio, e Haaku´s (Valencia), elaboración de churros instagrameables cubertos de salsas e topings, comercializados en puntos de venta cunha estética moi coidada e atractiva. A última das propostas, que dará comezo ás 20.00 horas, será unha ponencia sobre “Emprender aos sesenta anos por quinta vez”, a cargo do inversor Jesús Alonso Gallo. Ao remate da mesma, sobre as 20.30, o edil de Promoción Económica da cidade clausurará a convocatoria. Pita animou a asistir a todas as persoas “interesadas en coñecer modelos de investimento privados dirixidos a financiar proxectos innovadores e xa testados que queiran impulsar os seus modelos de negocio”. As inscricións para o modo presencial deben tramitarse a través do enlace: https://bit.ly/3V42qyp, se ben as do modelo en liña mediante a plataforma Zoom: https://bit.ly/3e8y0dN.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal