Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RESTRICIÓNS TEMPORAIS DE TRÁFICO EN VARIAS RÚAS DE XUVIA O VINDEIRO LUNS POLA RODAXE DA SERIE "RAPA II"
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, recordou que xa se gravaron na cidade escenas da primeira tempada desta recoñecida serie
Narón, 7 de outubro de 2022. As rúas Marcial Calvo, Doutor Fleming, Foro e un tramo da Xoán XXIII permanecerán o vindeiro luns cortadas ao tráfico rodado con motivo da gravación de varias escenas da serie “Rapa II” que leva a cabo a produtora Portocabo. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero recordou que xa se gravou na cidade para a primeira tempada desta serie, creada por Pepe Coira e Fran Araújo, dirixida por Jorge Coira, e que conta no reparto co recoñecido actor español Javier Cámara. Tamén se está gravando para a segunda tempada, para a que recientemente se utilizou o espazo do antigo centro de saúde do Alto. Os vehículos poderán utilizar vías alternativas, que estarán debidamente sinalizadas, co fin de ocasionar as menores molestias posibles pola ocupación da vía pública e os cortes de tráfico que se rexistrarán durante toda a xornada do luns.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es