Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON VARIAS ENTIDADES SOCIAIS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 43.500 EUROS
Marián Ferreiro destacou o labor que desenvolven ao longo do ano as entidades con diferentes colectivos de Narón en particular e da comarca en xeral
Narón, 12 de outubro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou convenios de colaoboración con sete entidades por un importe conxunto que ascende a 43.500 euros. Nesta ocasión, os acordos rubricáronse de xeito telemático cos representantes do Centro de Recursos Solidarios, a Asociación Galega de Asperger, a Asociación Ferrolana de Drogodependencia (Asfedro), a Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, BBTTA, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e a Asociación Sociocultural ASCM. A rexedora local destacou “o importante labor que nas súas respectivas áreas realizan todas estas entidades, con veciñas e veciños de Narón en particular e da comarca en xeral que requiren dos servizos que prestan ao longo do ano”. Así mesmo, Ferreiro subliñou que se trata de entidades “coas que levamos moitos anos colaborando dende o Concello e coas que seguiremos traballando por entender que prestan unha atención profesional e moi necesaria a diferentes colectivos”. Dous dos acordos rubricados, un dos dous asinados co Centro de Recursos Solidarios (CRS) e outro con Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, permitirán que continúen utilizando instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz –unha nave anexa no caso do CRS- para desenvolver parte do seu traballo, tal e como indicou a rexedora local. No resto dos convenios dende o Concello realízanse achegas económicas para continuar levando a cabo diferentes programas e actividades, así como facilitando o acceso a recursos básicos á poboación. Dende o CRS entréganse ás familias vulnerables da cidade alimentos, produtos de hixiene e roupa e manteranse campañas como a de xoguetes en Nadal e a Operación quilo. Así mesmo, a través da Asociación Galega de Asperger ofrécese atención a persoas con trastorno autista e ás súas familias e impártense obradoiros tecnolóxicos e charlas; dende Asfedro lévanse a cabo programas de educación para a saúde e asesórase a persoas con problemas de drogodependencias, realizando tamén campañas preventivas; en Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal realizaranse dende unha oficina de Irmás Froilaz entrevistas de orientación laboral a persoas do colectivo co que traballa a asociación. O acordo rubricado con BBTTA manterá o servizo de información e apoio ás nais que queiran aleitar ás súas fillas e fillos e a divulgación dos beneficios da lactancia materna; mentres que o de Cogami permitirá seguir desenvolvendo programas de atención a persoas con discapacidade de Narón e o da ASCM os de atención a persoas con diversidade funcional, o servizo de transporte adaptado, actividades psicosociais, etc.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal