Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA CELEBRARÁ O VINDEIRO LUNS UN ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA DAS ESCRITORAS
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que a actividade consistirá nunha lectura conxunta e un debate sobre textos de Almudena Grandes e María Elena Walsh
Narón, 12 de outubro de 2022. O vindeiro luns, día 17, celebrarase o Día das escritoras, data na que se reivindica o labor e legado das mulleres que escribiron ao longo da historia. Con motivo da festividade de Santa Teresa de Xesús a Biblioteca Nacional de España, a Federación de Mulleres directivas, executivas, profesionais e empresarias (Fedepe) e a Asociación Clásicas y Modernas conmemorarán esta data con actos aos que se suma o Concello de Narón. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que “Antes, durante e despois das guerras” é o lema desta sétima edición do Día das escritoras, que se celebrará cun encontro na Biblioteca municipal ás 11.00 horas do vindeiro luns. A técnico responsable do programa municipal Supervivencia doméstica colaborará nesta iniciativa, que consistirá, como indicou Taibo, nunha lectura común e un coloquio posterior sobre textos de Almudena Grandes e María Elena Walsh. A participación é libre ata completar o aforo dispoñible da sala.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal