Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTA A INSCRICIÓN NO CURSO "ATENCIÓN ESPECIALIZADA EN ALZHÉIMER E DEMENCIAS" PARA FAMILIAS E PERSOAS COIDADORAS DE NARÓN
A convocatoria desenvolverase a través de AFAL, co apoio do Concello e a Mancomunidade, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros os días 20 e 21 de outubro
Narón, 13 de outubro de 2022. O Concello de Narón acollerá os días 20 e 21 de outubro o curso "Atención Especializada en Alzhéimer e Demencias", dirixido a familias e coidadores/as de persoas afectadas de deterioro cognitivo e dependentes en xeral. Impartido por Afal Ferrolterra, terá lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de tarde e con dúas sesións de dúas horas. A participación é gratuíta, con inscrición previa no departamento municipal de Servizos Sociais -981 33 77 00 ext. 1121 ou correo j.filgueira@naron.es-. Esta acción formativa é posible grazas ó acordo de colaboración asinado entre a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e Afal, co apoio do Concello de Narón. Na primeira das sesións previstas, abordarase a sintomatoloxía e os sinais que poden anticipar un deterioro cognitivo; describirase como adoitan cursar as demencias centrándose principalmente nas distintas fases do alzhéimer e nas alteracións de comportamento, ademais de realizarse un repaso ás terapias non farmacolóxicas que poden retrasar a súa evolución. Na segunda sesión trataranse dun xeito moi práctico as mobilizacións e transferencias da persoa dependente, as mellores posturas para previr problemas circulatorios e cutáneos derivados do encamado/a e os materiais existentes para previr esa problemática. Tamén se abordarán as técnicas para mover, cambiar de lugar e sentar á persoa enferma de maneira que non haxa ningún tipo de lesión nin no/a enfermo/a nin no/a coidador/a.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal