Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DAS OBRAS "UNA NOCHE CON ELLA" E "NINJA"
As entradas para os dous espectáculos están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 13 de outubro de 2022. A compañía Pentación S.A. representará este sábado -20.00 horas- no Pazo da Cultura a obra “Una noche con ella”, protagonizada pola actriz Loles León e de cuxo elenco forman tamén parte Briel González, Fran del Pino e o pianista Yeyo Bayeyo. A obra, dunha hora e media de duración, realiza un percorrido polos últimos cincuenta anos da nosa historia, percorrendo momentos amargos e felices e cun 80% de realidade e o 20% restante de ficción. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O domingo ás 18.00 horas terá lugar a representación dunha obra para público familiar, “Ninja”, de Ghazafelhos. Durante case unha hora Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho intepretarán unha peza teatral protagonizada por Amelia, unha nena que vive no rural galego e á que lle encanta a cultura oriental. Soña con ser unha ninja e adestra todos os días para conseguilo. A temática desta obra céntrase no acoso escolar a través dunha historia cargada de reflexións. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal