Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA NOVA SESIÓN DO CICLO DE CINE "CIENCIA FICCIÓN PARA AXITAR CONCIENCIAS" COA PROXECCIÓN DA PELÍCULA "DISTRITO 9"
O Padroado da Cultura de Narón organizou un ano máis a convocatoria, con entrada de balde, en colaboración co Cineclube Serie B
Narón, 18 de outubro de 2022. A última das tres proxeccións do ciclo de cine “Ciencia ficción para axitar conciencias” organizado polo Concello e o Cineclube Serie B terá lugar mañá no Pazo da Cultura. As persoas que o desexen poderán ver, ás 20.00 horas, o filme “Distrito 9”, de Neill Blomkamp (2009), no que se abordan temas como o racismo, a segregación e os prexuízos raciais, a manipulación mediática e o poder das grandes corporacións. O ciclo de cine “Ciencia ficción para axitar conciencias" iniciouse o pasado 28 de setembro, coa proxección de “Hijos de los hombres”, de Alfonso Cuarón (2006). A inmigración, a manipulación informativa e o terrorismo son os temas que se abordan nesta película. As sesións continuaron o pasado 5 de outubro con “Farenheit 451”, de François Truffaut (1966), unha adaptación da distopía de Ray Bradbury na que se reflexiona sobre o totalitarismo, a censura e a liberdade de pensamento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal