Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "XXXVIII MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN" REUNIRÁ NO PAO A PRETO DE 6.500 ESCOLARES DE CENTROS DE ENSINO DA CIDADE E COMARCA
O Padroado da Cultura de Narón organiza un ano máis a convocatoria en colaboración coa Deputación da Coruña, tal e como recordou a presidenta do Padroado e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro
Narón, 18 de outubro de 2022. A trixésimo oitava edición da “Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón” comezou onte no Pazo da Cultura. A presidenta do Padroado da Cultura e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, indicou que preto de 6.500 menores acudirán ás representacións programadas ata o vindeiro 30 de novembro, se ben as últimas levaranse a cabo nas tres escolas infantís municipais. O Padroado da Cultura de Narón organiza esta nova edición da MOTRIX en colaboración coa Deputación da Coruña. Na xornada de onte e hoxe houbo un total de catro funcións, dúas ás 10.00 e outras dúas ás 12.00 horas. Alumnado de quinto e sexto de Primaria dos colexios Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, A Gándara, Santiago Apóstol, Piñeiros e O Feal, de Narón, e do Lestonnac e Isaac Peral, Ponzos, La Salle, e Juan de Lángara, de Ferrol; Santiago Apóstolo de Franza, e Unión Mugardesa, de Mugardos; Os Casais, de Fene; San Ramón, de Moeche; San Isidro, de Neda e O Ramo, de Barallobre e da Semente de Trasancos viron onte e hoxe a obra “Ninja”, da compañía Ghazafelhos e recomendada para alumnado de quinto e sexto de Primaria. As vindeiras representacións no Pazo están programadas para a vindeira semana, os días 25, 26 e 27 de outubro, cando alumnado de primeiro a cuarto curso de Primaria poderá ver “A cazola de Lola”, de Títeres Tanxarina. Nas vindeiras xornadas acudirá tamén alumnado do centro Virxe da Cela, de Monfero; IES Catabois, Manuel Masdías e Rodolfo Ucha, de Ferrol; dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos, de Narón, do centro Aspaneps; do CPR San José, de As Mirandas, de Ares. Os días 8 e 9 de novembro representarase a obra “Semente, o home que plantaba…”, de Emedous e o ciclo continuará o 15, 16 e 17 de novembro con “Carabela”, de Galeatro e o 21 e 22 dese mesmo mes con “En bucle”, de Rayuela Producciones. As últimas representacións programadas nas tres escolas infantís municipais, as da Solaina, A Gándara e Piñeiros, serán os días 28, 29 e 30 de novembro, cando se representará o espectáculo “Coser y cantar”, de Teloncillo Teatro. “Esta mostra teatral, un clásico xa na programación do Padroado da Cultura cada ano, supón unha excelente oportunidade para incentivar e difundir os espectáculos culturais entre o alumnado non só de Narón senón tamén doutros concellos da comarca, que acuden ás representacións e tamén realizan traballo nas aulas relacionado con esta área”, destacou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal