Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO OFRECERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "REPARACIÓNS A DOMICILIO"
As persoas interesadas en participar deben acceder á aula virtual da iniciativa Venres de consumo responde ás 12.30 horas
Narón, 20 de outubro de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde sobre “Reparacións a domicilio”, na que se informará sobre o consumo e os nosos dereitos nesa área, segundo avanzaron dende a organización. No transcurso da mesma –dará comezo ás 12.30 horas- respostarase a todas as dúbidas que se plantexen sobre esta temática. Para poder participar é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal